Dispoñible o número 3 do noso boletín informativo!

Está xa en todos os fogares de Cuntis o novo número do noso boletín informativo, o 3, o deste outono! Nel pódese atopar a descrición detallada do que ata o momento foi o asunto principal do que vai de lexislatura: o rexeitamento por parte do Pleno da Corportación da Auditoría de Contas que plantexou Veciñanza dende o noso primeiro minuto.

Ocupan un espazo principal tamén as nosas vías de contacto, tanto as virtuais como as físicas. E completan a nosa folla informativa unha pequena referencia ao noso grupo municipal e máis un reconto pormenorizado da nosa actividade dende o día seguinte das eleccións municipais.

Podes consultalo, e descargalo, picando na imaxe. E podes axudarnos a difundilo da maneira que consideres máis oportuna. Agradecémoscho!

boletin3-page-001

Share

Tamén pode gustarche...